CALENDARIO FISCAL 2018 TRIBUTOS LOCALES

ADMINISTRACIÓN LOCAL
PROVINCIAL
DEPUTACIÓN PROVINCIAL
Recadación
RESOLUCIÓN–CALENDARIO FISCAL 2018
APROBACIÓN DO CALENDARIO FISCAL 2018
Pola Tesourería desta Deputación Provincial – ORAL ditouse no día de hoxe, de conformidade
coa normativa vixente, a seguinte:
RESOLUCIÓN
En cumprimento do deber da administración tributaria de poñer a disposición dos
contribuíntes a información necesaria para cumprir coas obrigas tributarias e fiscais, recollida
no artigo 34 da Lei 58/2003, de 17 de decembro , Xeral Tributaria, e unha vez vistos o artigo 62.3
da mesma lei, o artigo 24 do RD 939/2005, de 29 de xullo, polo que se aproba o Regulamento
Xeral de Recadación, e 5 do RD 1174/1987, do 18 de setembro, polo que se regula o réxime
xurídico dos funcionarios de Administración Local con habilitación de carácter nacional, procede
fixar coa antelación suficiente os prazos de pagamento do período voluntario de cobranza para
os tributos de cobro periódicos e de notificación colectiva sobre os que a Deputación Provincial
de Pontevedra ten delegadas as competencias de xestión e recadación.
Ó abeiro do establecido no artigo 23 da Ordenanza fiscal xeral do órgano de xestión tributaria
e recadación da Deputación de Pontevedra:
RESÓLVESE
PRIMEIRO.- Aprobar o Calendario Fiscal do contribuínte para o exercicio 2018, consonte ós
prazos sinalados nos cadros que se xuntan, e coas especificacións que a continuación se describen.
SEGUNDO.- Proceder á súa difusión mediante a súa publicación no Boletín Oficial da Provincia
de Pontevedra, a súa remisión ós concellos e demais entes delegantes e a comunicación a través de
medios telemáticos (Oficina Virtual Tributaria – ORAL), para xeral coñecemento dos particulares.
CALENDARIO FISCAL DO CONTRIBUÍNTE 2018
Impostos Data Inicio Data Fin Data Cargo Cta. (1) Data Cargo Cta. (2)
IVTM 6 de abril 6 de xuño 4 de maio —
IBI 21 de agosto 5 de novembro 3 de outubro 1º prazo
5 de setembro
2º prazo
3 de outubro
IAE 6 de setembro 6 de novembro 6 de novembro —
Pode verificar a integridade deste documento no seguinte enderezo:

https://sede.depo.es/verificacion-csv

Código seguro de verificación:JC7BTWVVCXHJQFOB
Edita: Deputación de Pontevedra • Depósito legal: PO 1-1958 • Tel 986 804 100 • www.boppo.depo.es • boppo@depo.es
Núm.
Luns, 18 de decembro de 2017
240
BOPPO
Taxas e P.P. Data Inicio Data Fin Data cargo Cta. (1)
1º trimestre 5 de febreiro 5 de abril 5 de marzo
2º trimestre 4 de maio 4 de xullo 5 de xuño
3º trimestre 3 de agosto 3 de outubro 3 de setembro
4º trimestre 26 de outubro 26 de decembro 3 de decembro
(1) Data de cargo en conta para os recibos con orde de domiciliación bancaria (D.B.) polo importe total do recibo.
(2) Data de cargo en conta para os recibos con orde de domiciliación bancaria (D.B.) en 2 prazos, cada un deles
polo 50% do importe do recibo.
Pontevedra, a 4 de decembro de 2017.
O Tesoureiro,
Miguel Ángel Santirso Fernández
Pode verificar a integridade deste documento no seguinte enderezo:

https://sede.depo.es/verificacion-csv

Código seguro de verificación:JC7BTWVVCXHJQFOB